a túa blogimaxe e semellanza

As vacacións quen non as lembra!!!

Publicado por: blogimaxe en: Setembro 8, 2008

Hoxe vouvos falar das vacacións(si para que vos fodades…).Tódolos anos esperamos con ansiedade as vacacións, para ir a praia(para ver tías ou tíos nela e alegrar así a vista),ir a montaña (porque alí somos un pouco mais altos),ir de cámping(ou de monting), ir a aldea(e interactuar co sacho e cas leiras),ir as festas gastronómicas (e comer ata rebentar , e se queda algo a ver se o podo levar para casa),ir ao estranxeiro(e falar ese inglés que tanto practicamos cos aparellos electrónicos, e dicir \”play\” e pouco mais.)etc etc

Estas son as vacacións típicas de tódolos galegos e do resto da xente, esas vacacións tan especias onde coñecemos o rollo de verán( que o comemos e saboreamos e algúns repiten).Esas vacación nas que os nenos fan castelos de area,buracos ,enterran a compañeiros,buscan animais(e de tanto buscar sempre lle aparece un recordo dunha faneca nun pé).Na montaña esquiamos pola terra non vemos nada branco (e preguntámonos será o cambio climático ou a crise???).Nos cámpings sempre ollamos para as demais tendas( e preguntámonos como carallo se montara isto????),coa tenda montada xa nos sentimos coma o macho ibérico ou como o oso das cavernas.Nas festas gastronómicas (non levantamos os ollos  do prato a non ser para repetir).No estranxeiro inventámonos palabras ou falamoslles coma os indios para que nos entendan e se nos responden algo en inglés dicimos \”yes\” \”yes\” e tan panchos.

A volta ao cole

Publicado por: blogimaxe en: Setembro 8, 2008

Chegou setembro e con el chegan o síndromes postvacacional,a escola,as series á tv,a xente as casas….poderíase dicir que en setembro chega todo,bon todo menos a inflación que nin descansa nas vacacións.

A volta a escola ou colexio é o que mais traumatiza aos nenos porque hai o típico abusón . Neste caso é o galego, que lles dificulta aprendizaxe ,pasa con eles a metade ou mais de clases,rouballes o bocadillo, ameázaos etc etc .Si si non se sorprenda ,iso pasa en calquera colexio bilingüe(castelán galego) de Galicia segundo proclaman algúns os catro ventos.Asi que teña moito coidado e meta ao seu fillo nun colexio monolingüe en castelán .Xa está ben de que os rapaces cheguen con feridas a casa e veñan sempre chorando por culpa do galego.

Manancial:”Manifiesto por la lengua rota edición 1936″

agora tamén estamos aquí contigo

Publicado por: blogimaxe en: Setembro 6, 2008

Comezamos tamén en wordpress para que nos poidas ler. O blog imaxe pretende ser un espello da realidade galega onde se poida mirar con crítica .Pronto estaremos aquí contigo, mentres podes ver o blog imaxe na blogoteca.Saudos

Categorías

Arquivos